O valor do inútil: por que Timothée Chalamet se equivoca (ou acerta) sobre a ópera?
- acolmeainterpretat

- 2 abr
- 4 min de lectura
Actualizado: 30 abr
Denise Alañón Cortizo
Santiago de Compostela - 26 MAR 2026
“Non quero traballar no ballet nin na ópera, nin en cousas que hai que manter vivas, aunque a ninguén lle importen xa”.

O lago dos cisnes da Metropolitan Opera
Nos últimos días, unha frase do actor Timothée Chalamet provocou unha pequena tormenta cultural durante o foro organizado por Variety y CNN. A afirmación non só incendiou as redes, senón que activou un debate profundo sobre a utilidade da arte nunha época dominada polo algoritmo e o consumo rápido. Nun contexto no que figuras como Steven Spielberg defenden estes xéneros como “maxia pura”, a crítica de Chalamet resoa cunha ironía tráxica de impacto mediático: a dun actor que esquece que as súas orixes beben directamente dese legado “inútil” que hoxe despreza.
Máis que unha simple provocación, a frase de Timothée Chalamet revela ata que punto a lóxica do consumo rápido condiciona a maneira na que valoramos a arte na actualidade.
Nun ecosistema cultural baseado pola inmediatez, disciplinas como a ópera ou o ballet adoitan percibirse como artes dun tempo máis lento, afastadas do ritmo acelerado da cultura contemporánea e relegadas a un espazo cada vez máis reducido.
Os datos sobre o consumo cultural reforzan esta percepción. No caso español, segundo a enquisa de hábitos culturais do Ministerio de Cultura, a asistencia á ópera sitúase arredor do 3,9%, mentres que o teatro alcanza o 24,7% e o cinema continúa liderando o consumo cultural cun 48% de asistencia. A diferencia non é menor e revela, por tanto, que as formas culturais que se adaptan mellor á lóxica contemporánea do entretemento son as que ocupan o centro da vida cultural.
Un dos factores que explica esta situación é a falta de tempo, A propia enquisa sinala este elemento como unha das principais barreiras para o consumo cultural. Un problema que se soluciona cos avances tecnolóxicos de hoxe en día e que tanto a ópera como o ballet non souberon– ou pudieron– beneficiarse do mesmo xeito. Se o cinema segue “máis vivo” é debido ás plataformas dixitais e aos servizos de streaming, que facilitan o acceso aos filmes permitindo consumilos en calquera momento sen que a obra perda a súa esencia. Trátase dunha solución á dificultade de atopar tempo para acudir ás las que difícilmente pode aplicarse ás artes escénicas. A ópera e o ballet dependen da presenza física, da continuidade da presentación e dunha atención prolongada que, nunha sociedade acelerada convértese nun luxo pouco habitual.
Se analizamos estos datos, poderíamos considerar “acertada” a afirmación de Chalamet. Non obstante, que a unha arte se lle adique menos tempo non significa que non sexa relevante históricamente, e aínda menos inútil. O seus argumentos baséanse nunha mera observación non fundamentada que mide a relevancia da arte cos mesmos criterios cos que se mide o éxito dun contido nas redes sociais.
A ironía que rodea a Timothée Chalamet é aínda máis evidente se lembramos que tanto a súa nai como a súa avoa foron bailarinas do prestixioso New York Ballet. Así, o propio Chalamet nace nun contesto profundamente vinculado ás artes que agora cuestiona. E non só iso. O cine, medio no que traballa Chalamet, herda moitos elementos narrativos e escénicos destas artes máis tradicionais, dende a súa estética coreográfica ata a construcción dramática de cada escea.
A pesar da desaprobación de Chalamet, tanto o ballet como a ópera seguen contando cun sólido aopio de artistas e insitucións. Moitos lanzaron comunicados defendendo valor destas disciplinas e criticando a reticencia do actor. Exemplos disto son os mensaxes da Metropolitan Opera a través de TikTok, a invitación do tenor italiano Andrea Bocelli a un dos seus concertos, e as declaracións de compañeiros do cine como Steven Spielberg, quen na conferencia do festival SXSW subliñou que moitos momentos máxicos ocurrían no ballet e na ópera.
É así que através da polémica do actor, todos teñen unha posición clara sobre o tema, e falan de cuestións que moitas veces non son tan destacables nas redes debido ao seu baixo impacto mediático. É así que podemos decir que a ironía de Chalamet non so recae nel, senón tamén sobre o algoritmo que hoxe en día domina gran parte do consumo cultural e que determina que contidos se viralizan e cales quedan nun segundo plano. Curiosamente, o comentario de Timothée Chalamet, ademáis de ser polémico, puxo en movemento unha reflexión sobre a relevancia destas artes clásicas, amasando como unha pequena frase pode converterse nun fenómeno mediático. Quizáis deberíamos agradecerlle a Timothée por ser o primeiro en lanzar a pedra, pois agora o ballet e a ópera retoman o foco da atención pública, aunque sexa por pouco tempo.
Isto demostra que unha pequena polémica é quen de dar visibilidade a temas relegados a un segundo plano. Con todo, hai quen sinaloa que o ballet e a ópera poden percibirse como artes elitistas que se afastan do público xeral e que son pouco accesibles. Esta percepción non é de todo errónea, pois trátase de xéneros que requiren moitos recursos, formación e tempo, elementos que non todo o mundo pode investir e menos compaxinar no contexto do consumo rápido actual.
Non obstante, o elitismo non diminúe o seu valor cultural nin a súa capacidade para trascender calquera barreira social ou temporal. De feito, como mencionei, a traxectoria contemporánea herda elementos esenciais das disciplinas clásicas. Polo tanto, o verdadeiro desafío non está en criticar estas artes polo seu acceso limitado ou polo seu baixo impacto, senón en atopar formas de achegalas ao público sen que perdan a súa esencia.
Deste xeito, a polémica xerada por Chalamet evidencia que a ópera e o ballet seguen sendo artes relevantes e incluso inspiradoras para outras. O seu valor vai moito máis alá do elitismo e moito máis alá da medición da audiencia inmediata. Son disciplinas que teñen a capacidade de emocionar, influír e conectar presencialmente co público. O verdadeiro reto reside en facer que estas sexan quen de achegarse a todo tipo de públicos, a través dos medios contemporáneos, sen perder a súa esencia. Hai que garantir que este legado clásico continúe vivo e accesible para as xeracións futuras, e tomar o comentario de Timothée Chalamet como unha opinión dunha persoa nova, que representa, precisamente, o grupo demográfico que o ballet e a ópera necesitan para sobrevivir.



Comentarios