Da Muiñeira á Rave: O grupo tradicional Alana enche de música a USC
- acolmeainterpretat

- 26 mar
- 3 min de lectura
Actualizado: 30 abr
Denise Alañón Cortizo
Santiago de Compostela- 20 FEB 2026
Na Igrexa da Facultade volvéronse a escoitar notas musicais. O xoves 19 de febreiro estudantes e habitantes de Santiago de Compostela reuníronse neste espazo coa idea de asistir ao concerto do grupo tradicional galego Alana, unha actuación organizada dentro do programa “Primavera Cultural” da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dunha actuación chea de emocións que foron “in crescendo” que culminaron nunha resposta colectiva e fervente por parte dos asistentes.

Son as 20:30 da noite. Unha longa fila de xente percorre todo Mazarelos onde centos de persoas esperan atentas a recibir a súa entrada de balde para, acto seguido poder entrar ao acto. Trátase do grupo tradicional galego Alana, que xa tocara algunha que outra vez no mesmo recinto. Agora faino dende a proposta de cultura, da Universidade de Santiago de Compostela, Primavera Cultural. Un programa onde acolle todo tipo de actividades que axudan a que os estudantes desconecten das súas horas de traballo. E iso fan. Barullo, risas, abrazos, xogos… unha vez dentro da Igrexa pálpase o bo ambiente, o xuvenil.
Ás 21:10 todavía no comeza o concerto, o grupo vai con retraso, o que axuda a que a sala siga enchéndose de xente. Pouco despois, de súpeto, apáganse as luces. A xente, expectante, agarda a que salga o grupo e reina o silencio.
Antes de ver as luces fluorescentes escoitouse a música. Despois, como se dunha aparición diviña se tratase, os integrantes do grupo apareceron enriba do escenario: Antía, Eloi e Pablo. O público volveuse tolo coa primeira canción, “Añobres”, un dos grandes éxitos do seu primeiro álbum “O xeito á cantigha”. Pasaron dúas cancións e, aínda que a xente as cantaba ao unísono, ninguén se atrevía a bailar. Unha acción que sempre reina neste tipo de concertos. Foi así que, con “Cantares de Camariñas”, fíxose un oco aos costados para crear diversos grupos de baile. Unha fila de persoas, unha parella, un paseo, un punto e unha roda. Todo no seu conxunto tradición e diversión.
Pouco despois, o grupo fai un inciso para promocionar o seu novo álbum “Un saber” que presentará oficialmente o 18 de abril na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Despois da promoción seguiron cantando éxitos: “Carmiña Carmela”; “Dorinda de Xacobe” e “Delfina de Añobres”, unha copla que mestura tradicional co cancioneiro da cucaracha.
Tras varias cancións, bailes e cánticos, o grupo fixo a súa retirada. Apagáronse as luces e desapareceron do escenario. O público quería máis. Non estaba disposto a marcharse sen varias cancións que todavía non soaran e que eran icónicas. Ao grito de “Outra sí, Altri non” e “Se non tocades outra voltamo-lo camión” os espectadores conseguiron o retorno de Alana.
“Liñares”, “Maripepa” e “20 e 2 señoras” entre outras, foron as cancións que devolveron o éxtase do público.
Ás 22.30 da noite, o concerto estaba a piques de rematar. Suor, gritos e o cansancio xa impregnaban o lugar de tanto movemento e baile. Aunque había un agotamento colectivo, non soamente por parte dos estudantes senón tamén por parte dos cantantes, houbo motivación suficiente para rematar por todo o alto. Soa de novo “Consuelo de Muiñeira”, non obstante esta vez é o remix. Unha mezcla de tradicional e tecno que, no seu conxunto crean unha rave. No medio do xente créase un círculo enorme esperando a que o golpe culminante da música caiga para facer un pogo masivo. A xente salta, choca, grita e únese á festa, á rave.
Dadas as 23:00 da noite, éxtase, finaliza a última canción e Alana. Unha vez máis, remata outro concerto exitoso do grupo. Ao son de “Bis” a xente despídese e empeza a saír pola porta falando do bo momento que acaba de pasar.



Comentarios